16 abril 2012

Pulseira en punta de frecha

Boas! A útlima actividade que fixemos en Mans Creativas, lembrounos moito a outra pulseira que fixemos antes do Nadal, aínda que é un pouco diferente. Chámase pulseira en Punta de Frecha e fai precisamente ese debuxo, coma se fose unhas puntas de frecha. Estade atentos ó vídeo para lembrarvos de cómo se fai e intentádeo na casa, veredes como vos sae xenial. Pero para isto…
NECESITAMOS:
-  1’5 metros de 4 fíos de catro colores diferentes.
-  Tesoiras para cortar os fíos.

E nada máis, o primeiro dobrar cada fío á metade (lembrade: xuntade as puntiñas de cada fío!), facer un nudo… e a facer nudos!! Cómo? Aí vai a explicación:




A traballar Mans Creativas e ate o mércores!!!
 

Pulseiras de chapas de refresco

Hola amig@s! Seguimos reciclando: fai uns días fixemos un broche cunha tapa de zume… e desta vez usamos as chapas dos refrescos para facer esas pulseiras que están tan de moda. Foi bastante complicado e necesitamos axuda para rematalas, pero o importante é intentalo, non é? Pois para quen queira intentalo na casa outra vez, aquí queda un vídeo explicativo. Esta amiga, pinta primeiro as chapas con pintauñas, pero xa sabedes que non é necesario.





E lembrade que a Mans Creativas vimos a aprender verdade? Pois ánimo e a intentalo de novo, aínda que mal que ben, as pulseiras fixémolas. Aquí unha imaxe de cómo nos quedaron:

Pulseras cordón de monxa

Hoxe imos repasar como facer unha pulseira que parecía moi difícil pero quedounos xenial. Chámase pulseira de cordón de monxa.
NECESITAMOS:
- 2 metros de cola de rato (dispoñible en mercerías) da cor que queiramos.
- Tesoiras.
- 2 bolas para adornar a pulseira.
E cómo se facía? IMOS ALO, aquí vos deixo un vídeo dunha amiga que nos amosa como facela moi despaciño; así que colle o teu cordón de cola de ratón e vai seguindo despaciño os movementos que ela fai.





A que xa vos lembrades? Pois aquí quedan as fotos das nosas creacións… E non vos esquezades de facer moooitas máis para agasallar ós vosos amigos e familiares!!



13 marzo 2012

Broche con tapa de zume


Hola a tod@s!! O outro día fixemos un broche empregando unha tapa de zumo… si, si, cunha tapa de zumo!!! Queredes lembrar como se facía? Pois aló vai.

NECESITAMOS:
-Unha tapa de zumo.
-Pintauñas do teu color preferido.
-Un folio, lápis, pinturas e tesoiras.
-Un broche ou imperdible.
-Unha boliña de masa para secar ó aire (cómprase nas librerías e usase como o barro pero non necesita cocerse).

Aló vamos, tomade papel e boli!:






1. Acumularemos tapas dos zumos e lavaremolas ben por dentro.
2. Collemos unha tapa e poñémola enriba dun folio e repasamos o seu contorno.
3. Unha vez teñamos o contorno debuxado no folio, retiramos o papel para un lado.
4. Collemos o pintauñas.
5. Pintaremos con moito coidado toda a chapa, polos laterais tamén. Tede coidado e non manchedes a roupa, e cando fagades este paso, que estea algún adulto preto.
6. Así quedaría a chapa pintada.
7. Mentres seca o pintauñas, no círculo que debuxamos no folio, facemos un debuxo que nos guste e o pintamos.
8. Cando xa teñamos pintado o debuxo, collemos outra vez a tapa que xa estará seca, dámoslle a volta, e pola parte de atrás poñemos unha boliña da pasta branca.
9. Apertamos a pasta ata que non sobresaia nada, e despois poñemos enriba o broche ou imperdible.
10. Para que o broche quede fixo cando seque a pasta, colleremos outro cachiño e cubriremos a base do broche para que quede ben enterrada.
11. A continuación, recortamos o debuxo que fixemos para decorar a nosa chapa e botámoslle cola branca ou pegamento de barra.
12. Unha vez pegado, así quedará o noso broche.




 
Vaia chulada!! E gastando moi pouquiño verdade? Pois xa sabedes, hai que beber zume que é moi bo para a saúde e ademáis… podemos facer estes broches!! Animádevos a facelos na casa cos debuxos que máis vos gusten, en Mans Creativas fixemos estes modelos:



















A verdade e que son unha pasada! 

28 febrero 2012

Caravel con papeles de cores ou... con papel hixiénico!!

A última manualidade que fixemos en Mans Creativas, foi un caravel con papeis de seda de cores. Ó principio non parecía que fora quedar ben, a que si? Pero despois de rematalo, foi collendo forma e… quedou precioso! Ademais, ó coincidir co Entroido, podíamos empregar ese caravel como complemento do noso disfrace.
.
Para facer este caravel, NECESITAMOS:
-Papeis de seda de cores recortados en forma de rectángulos.
-Papel pinocho de cor verde para facer o tallo.

E con isto é suficiente: só tiñamos que dobrar os papeis de seda en forma de acordeón, atalos co papel pinocho e separar cada lámina de papel cara arriba… non vos lembrades? Pois aquí vos deixo un vídeo onde se explica como facer este caravel pero con papel hixiénico, así que tamén podedes probar con este material para facer un caravel todo branco:



É xenial verdade?? Pois mirade ben o vídeo as veces que necesitedes e… a encher todo de bonitos caraveis!!

Un saúdo Mans Creativas!!

27 febrero 2012

Pompón de lá

Hoxe vamos a repasar como fixemos aquel pompón de lá que tan difícil parecía pero que ó final saíunos… xenial!!!
Como lembraredes, o primeiro paso foi recortar dúas ces de cartón do tamaño que quixemos, dependendo do grande que fagamos o pompón. Aquí temos a Noa, unha das nosas Mans Creativas, cas dúas ces de cartón recortadas e lista para traballar; só lle queda poñer unha ce enriba da outra… e a polo pompón!:


E de seguido, necesitamos uns 15 metros de lá do color que desexemos para comezar a traballar. Que cómo se facía este pompón de lá? Pois aquí vos deixo un vídeo onde o explica moi ben, pero fixádevos sobre todo a partir do minuto 4, para recordar como se enroscaba a lá nas ces de cartón. 


E agora... a disfrutar!! Facede un montón de pompóns e adornade as vosas bufandas, gorros, carteiras, chaveiros... o que se vos ocurra!!
Un saúdo, Mans Creativas!!

23 febrero 2012

Broche en espiral con goma eva

Este broche tivo mooooito éxito verdade? Quedounos xenial e resulta moi sinxelo de facer. Imos repasar como se facía.


NECESITAMOS
-Goma eva das cores que nos gusten.
-Lapis , tesoira, pincel e pegamento  de barra.
-Cola branca que usaremos con axuda dos maiores.
-Un anaco de feltro branco.
-Un imperdible.

E así se fai:



1. Primeiro temos que marcar co lápis e axudándonos dunha regra, unha liña ben longa na goma eva. Na foto, estamos facendo unha liña na goma eva violeta e fariamos outra na goma eva blanca.
2. Así teríamos as dúas liñas marcadas na goma eva das dúas cores escollidas.
3. A continuación, cortamos as dúas tiras de goma eva.
4. Así quedarían as tiras cortadas.
5. A continuación, poñemos a goma eva violeta na mesa e botámoslle un pouco de pegamento, pero só nun anaco, non en toda a tira.
6. Agora poñemos a goma eva branca enriba da violeta.
7. Apertamos un pouco para que se peguen ben e non se separen cando fagamos a espiral.
8. Unha vez teñamos ben pegadas as tiras, quedaría como na foto.
9. De seguido, imos enroscando con coidado as dúas tiras pegadas e vemos como se vai facendo a espiral.
10. Teremos coidado de que as tiras non se separen para que a espiral quede ben feita. Seguimos enroscando…
11. Cando levemos un anaco enroscado, paramos un segundo, e separamos cara arriba a tira branca.
12. Agora temos que volver a botar pegamento na cinta violeta.
13. Volvemos a poñera  cinta branca enriba da violeta, como fixemos antes, e apertamos un pouco para asegurarnos que se pegan ben, e xa podemos seguir enroscando a espiral.
14. Vedes? Canto máis enroscamos, máis grande se vai facendo o noso broche.
15. Cando rematemos de enroscar, haberá un anaco de cinta branca máis longa ca violeta.
16. Non pasa nada!! Cortamos o que sobre da cinta branca.
17. Para rematar a espiral e que non se despegue, pedimos a un maior que nos axude a botar un pouco de cola branca no extremo final da nosa espiral.
18. Botamos unha gota na cinta violeta e apertamos o extremo para que se pegue ben. Esperamos uns minutos apertando para que non se desfaga.
19. Cando se seque a cola branca, poñemos a espiral enriba do feltro branco e repasamos o contorno.
20. No feltro branco, debuxaremos tamén un rectángulo.
21. Recortamos as dúas pezas que acabamos de debuxar.
22. Agora, collemos o imperdible e metemos o rectangulo branco polo burato do imperdible, para que quede o rectángulo de feltro no medio. Isto servirá para agarrar o noso broche ós abrigos, mochilas…
23. A continuación, colocamos o rectángulo de feltro co imperdible enriba do círculo que cortamos. Centrámolo ben no medio para que quede ben.
24. Pedindo axuda a un maior, pedímoslle que nos grampe o rectángulo de feltro co imperdible ó circulo de feltro.
25. Logo de grampar, quedaría deste xeito.
26. Agora collemos a nosa espiral e a peza que acabamos de facer co feltro.
27. Botamos con axuda dun maior cola branca pola parte de atrás da nosa espiral.
28. Con coidado e centrándoo ben, colocamos o círculo co imperdible enriba da espiral que acabamos de encolar e apertamos para que se pegue ben. Esperaremos uns minutos a que seque.
29. Cando esté seco, o noso broche terá o aspecto da foto pola parte de atrás.
30. Para rematar, botamos un pouco de cola branca pola parte de diante da nosa espiral.
31. Axudándonos cun pincel, estendemos ben a cola branca por toda a espiral, ata os bordes.
32. Cando a cola seque, a nosa espiral estará máis brillante, e ademais, conseguiremos que non se despegue.


Quedou unha chulada verdade? Pois con esta técnica, podemos realizar moitos modelos de broche, con dúas cores, con tres cores… facendo espirais enroscadas noutras de outros cores… As que queirades e como queirades!! Así que xa sabedes, a Crear!!!