16 abril 2012

Pulseras cordón de monxa

Hoxe imos repasar como facer unha pulseira que parecía moi difícil pero quedounos xenial. Chámase pulseira de cordón de monxa.
NECESITAMOS:
- 2 metros de cola de rato (dispoñible en mercerías) da cor que queiramos.
- Tesoiras.
- 2 bolas para adornar a pulseira.
E cómo se facía? IMOS ALO, aquí vos deixo un vídeo dunha amiga que nos amosa como facela moi despaciño; así que colle o teu cordón de cola de ratón e vai seguindo despaciño os movementos que ela fai.





A que xa vos lembrades? Pois aquí quedan as fotos das nosas creacións… E non vos esquezades de facer moooitas máis para agasallar ós vosos amigos e familiares!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!