13 marzo 2012

Broche con tapa de zume


Hola a tod@s!! O outro día fixemos un broche empregando unha tapa de zumo… si, si, cunha tapa de zumo!!! Queredes lembrar como se facía? Pois aló vai.

NECESITAMOS:
-Unha tapa de zumo.
-Pintauñas do teu color preferido.
-Un folio, lápis, pinturas e tesoiras.
-Un broche ou imperdible.
-Unha boliña de masa para secar ó aire (cómprase nas librerías e usase como o barro pero non necesita cocerse).

Aló vamos, tomade papel e boli!:






1. Acumularemos tapas dos zumos e lavaremolas ben por dentro.
2. Collemos unha tapa e poñémola enriba dun folio e repasamos o seu contorno.
3. Unha vez teñamos o contorno debuxado no folio, retiramos o papel para un lado.
4. Collemos o pintauñas.
5. Pintaremos con moito coidado toda a chapa, polos laterais tamén. Tede coidado e non manchedes a roupa, e cando fagades este paso, que estea algún adulto preto.
6. Así quedaría a chapa pintada.
7. Mentres seca o pintauñas, no círculo que debuxamos no folio, facemos un debuxo que nos guste e o pintamos.
8. Cando xa teñamos pintado o debuxo, collemos outra vez a tapa que xa estará seca, dámoslle a volta, e pola parte de atrás poñemos unha boliña da pasta branca.
9. Apertamos a pasta ata que non sobresaia nada, e despois poñemos enriba o broche ou imperdible.
10. Para que o broche quede fixo cando seque a pasta, colleremos outro cachiño e cubriremos a base do broche para que quede ben enterrada.
11. A continuación, recortamos o debuxo que fixemos para decorar a nosa chapa e botámoslle cola branca ou pegamento de barra.
12. Unha vez pegado, así quedará o noso broche.




 
Vaia chulada!! E gastando moi pouquiño verdade? Pois xa sabedes, hai que beber zume que é moi bo para a saúde e ademáis… podemos facer estes broches!! Animádevos a facelos na casa cos debuxos que máis vos gusten, en Mans Creativas fixemos estes modelos:



















A verdade e que son unha pasada! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!