23 febrero 2012

Broche en espiral con goma eva

Este broche tivo mooooito éxito verdade? Quedounos xenial e resulta moi sinxelo de facer. Imos repasar como se facía.


NECESITAMOS
-Goma eva das cores que nos gusten.
-Lapis , tesoira, pincel e pegamento  de barra.
-Cola branca que usaremos con axuda dos maiores.
-Un anaco de feltro branco.
-Un imperdible.

E así se fai:



1. Primeiro temos que marcar co lápis e axudándonos dunha regra, unha liña ben longa na goma eva. Na foto, estamos facendo unha liña na goma eva violeta e fariamos outra na goma eva blanca.
2. Así teríamos as dúas liñas marcadas na goma eva das dúas cores escollidas.
3. A continuación, cortamos as dúas tiras de goma eva.
4. Así quedarían as tiras cortadas.
5. A continuación, poñemos a goma eva violeta na mesa e botámoslle un pouco de pegamento, pero só nun anaco, non en toda a tira.
6. Agora poñemos a goma eva branca enriba da violeta.
7. Apertamos un pouco para que se peguen ben e non se separen cando fagamos a espiral.
8. Unha vez teñamos ben pegadas as tiras, quedaría como na foto.
9. De seguido, imos enroscando con coidado as dúas tiras pegadas e vemos como se vai facendo a espiral.
10. Teremos coidado de que as tiras non se separen para que a espiral quede ben feita. Seguimos enroscando…
11. Cando levemos un anaco enroscado, paramos un segundo, e separamos cara arriba a tira branca.
12. Agora temos que volver a botar pegamento na cinta violeta.
13. Volvemos a poñera  cinta branca enriba da violeta, como fixemos antes, e apertamos un pouco para asegurarnos que se pegan ben, e xa podemos seguir enroscando a espiral.
14. Vedes? Canto máis enroscamos, máis grande se vai facendo o noso broche.
15. Cando rematemos de enroscar, haberá un anaco de cinta branca máis longa ca violeta.
16. Non pasa nada!! Cortamos o que sobre da cinta branca.
17. Para rematar a espiral e que non se despegue, pedimos a un maior que nos axude a botar un pouco de cola branca no extremo final da nosa espiral.
18. Botamos unha gota na cinta violeta e apertamos o extremo para que se pegue ben. Esperamos uns minutos apertando para que non se desfaga.
19. Cando se seque a cola branca, poñemos a espiral enriba do feltro branco e repasamos o contorno.
20. No feltro branco, debuxaremos tamén un rectángulo.
21. Recortamos as dúas pezas que acabamos de debuxar.
22. Agora, collemos o imperdible e metemos o rectangulo branco polo burato do imperdible, para que quede o rectángulo de feltro no medio. Isto servirá para agarrar o noso broche ós abrigos, mochilas…
23. A continuación, colocamos o rectángulo de feltro co imperdible enriba do círculo que cortamos. Centrámolo ben no medio para que quede ben.
24. Pedindo axuda a un maior, pedímoslle que nos grampe o rectángulo de feltro co imperdible ó circulo de feltro.
25. Logo de grampar, quedaría deste xeito.
26. Agora collemos a nosa espiral e a peza que acabamos de facer co feltro.
27. Botamos con axuda dun maior cola branca pola parte de atrás da nosa espiral.
28. Con coidado e centrándoo ben, colocamos o círculo co imperdible enriba da espiral que acabamos de encolar e apertamos para que se pegue ben. Esperaremos uns minutos a que seque.
29. Cando esté seco, o noso broche terá o aspecto da foto pola parte de atrás.
30. Para rematar, botamos un pouco de cola branca pola parte de diante da nosa espiral.
31. Axudándonos cun pincel, estendemos ben a cola branca por toda a espiral, ata os bordes.
32. Cando a cola seque, a nosa espiral estará máis brillante, e ademais, conseguiremos que non se despegue.


Quedou unha chulada verdade? Pois con esta técnica, podemos realizar moitos modelos de broche, con dúas cores, con tres cores… facendo espirais enroscadas noutras de outros cores… As que queirades e como queirades!! Así que xa sabedes, a Crear!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!