27 febrero 2012

Pompón de lá

Hoxe vamos a repasar como fixemos aquel pompón de lá que tan difícil parecía pero que ó final saíunos… xenial!!!
Como lembraredes, o primeiro paso foi recortar dúas ces de cartón do tamaño que quixemos, dependendo do grande que fagamos o pompón. Aquí temos a Noa, unha das nosas Mans Creativas, cas dúas ces de cartón recortadas e lista para traballar; só lle queda poñer unha ce enriba da outra… e a polo pompón!:


E de seguido, necesitamos uns 15 metros de lá do color que desexemos para comezar a traballar. Que cómo se facía este pompón de lá? Pois aquí vos deixo un vídeo onde o explica moi ben, pero fixádevos sobre todo a partir do minuto 4, para recordar como se enroscaba a lá nas ces de cartón. 


E agora... a disfrutar!! Facede un montón de pompóns e adornade as vosas bufandas, gorros, carteiras, chaveiros... o que se vos ocurra!!
Un saúdo, Mans Creativas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!