28 febrero 2012

Caravel con papeles de cores ou... con papel hixiénico!!

A última manualidade que fixemos en Mans Creativas, foi un caravel con papeis de seda de cores. Ó principio non parecía que fora quedar ben, a que si? Pero despois de rematalo, foi collendo forma e… quedou precioso! Ademais, ó coincidir co Entroido, podíamos empregar ese caravel como complemento do noso disfrace.
.
Para facer este caravel, NECESITAMOS:
-Papeis de seda de cores recortados en forma de rectángulos.
-Papel pinocho de cor verde para facer o tallo.

E con isto é suficiente: só tiñamos que dobrar os papeis de seda en forma de acordeón, atalos co papel pinocho e separar cada lámina de papel cara arriba… non vos lembrades? Pois aquí vos deixo un vídeo onde se explica como facer este caravel pero con papel hixiénico, así que tamén podedes probar con este material para facer un caravel todo branco:



É xenial verdade?? Pois mirade ben o vídeo as veces que necesitedes e… a encher todo de bonitos caraveis!!

Un saúdo Mans Creativas!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!