23 febrero 2012

Broche con botón e alambre

Hola a tod@s, Mans Creativas! En primeiro lugar teño que disculparme pola tardanza en actualizar o blogue, pero houbo uns pequenos problemas técnicos que espero estean solucionados. Así que imos lembrar como fixemos aquel broche de botón con alambre que tanto nos gustou facer. Colle lapis e papel e atento ás fotografías e os pasos que tes que seguir.

NECESITAMOS:
-Alambre de ferraxería fino.
-Fíos de plástico.
-Botón grande.
-Imperdible.
-Bolas para adornar.
-Paciencia, imaxinación e… ganas de divertirse!

Imos aló!!



1. En primeiro lugar, necesitaremos alambre e fíos de plastico (pódense comprar en tendas de “Todo a cen” e veñen en bolsas con moitos cores). Neste paso tedes que ter moito coidado para traballar co alambre e pedirlle axuda a un maior.
2. A continuación debedes meter o alambre por dentro do fío de plástico, para que quede cuberto polo plástico e non nos manquemos. Pedide axuda tamén neste paso a un maior.
3.  Colleremos tanto alambre como nos faga falta.
4.  Así quedaría o alambre envolto co fío de plástico.
5.    MOITO COIDADO COAS PUNTAS!! Vedes na foto como queda a puntiña do alambre saíndo? Pois hai que ter coidado de non pincharse con estas puntas e pedirlle a un maior que as corte para non lastimarnos!.
6.  Agora, cortaremos o alambre cuberto que temos en dous cachos iguais e faremos dúas uves ou us.
7. Unha vez feitas as uves, cruzarémolas unha sobre a outra como na foto.
8.  Colleremos o imperdible e meteremos polo burato do imperdible dúas patiñas de dúas uves. Unha pata dunha uve, e unha pata de outra uve por dentro do imperdible.
9.  De seguido, deixaremos que o imperdible caia ata onde se cruzan as uves, como aparece na foto.
10. Agora, collemos o botón e metemos cada patiña das uves por un burato do botón, como se ve na foto.
11. Neste paso tamén debedes pedir axuda a un maior, porque teremos que baixar o botón ata onde se cruzan as uves, e como está algo duro, é mellor que pidades axuda.
12.  Unha vez baixado o botón, quedaría unha cousa como na foto.
13. Xa queda pouco Mans Creativas! Agora separaremos os fíos para onde máis nos guste. Eu fíxeno do xeito que aparece na foto.
14. E agora hai que darlle á imaxinación. Podedes modelar cada alambre como vos pareza e como máis vos guste. Eu fixen unha especie de lóstrego, gústavos? Cando o fixemos na clase, saíron moitas formas de retorcer o alambre, así que… a imaxinar!
15. Unha vez retorcidos todos os alambres como eu quixen, así quedou o meu broche.
16. Para finalizar, adornarei o meu broche con unha bola negra o final de cada alambre.
17. Así queda a bola posta ó final. Si vedes que cae do alambre, podedes pedir a un maior que vos bote un pouco de pegamento forte, PERO OLLO, que sexa un maior quen o faga, non vos!!
18. E… taráaan! Así quedou o meu broche! E chulísimo verdade? Pois xa sabedes, agora  é o voso turno!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!