02 enero 2012

Pulseira de nós chinos

Lembrando lembrando, as nosas pulseiras imos recordando non? A seguinte que fixemos resultou todo un éxito. Todo comezou cun anaco de cartón cortado coma un donut, que tiña 8 cortes. Con isto , 7 fíos de cores e un pouco de paciencia, fixemos unha preciosa pulseira de nós chinos. 
Acordádesvos da técnica? Poñíamos cada fío nun corte, menos un, que quedaba baleiro, e logo contabamos desde o baleiro, tres fíos (un, dous e tres). Ese terceiro fío, pasábamolo ó corte baleiro e xirábamos o donut cara a esquerda… e volta a empezar! Ó principio parecía moi difícil, pero despois tod@s conseguimos facelo case sen mirar!
Neste vídeo que vos deixo, temos a Leire, unha das Mans Creativas máis pequenas da clase facéndoo perfectamente. Así que fixádevos ben en como o fai, e practicade na casa!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comentanos que che parece esta actividade e anímate a facela na casa!